martes, 18 de mayo de 2010

Embedr

Que é?

Embedr é un servicio en liña que permite crear listas personalizadas de videos que se atopan aloxados en outros servicios coma YouTube, MySpace Video, DailyMotion, MetaCafe, Veoh, Vimeo, Blip.tv e outros.

Para que serve?

Moi útil para cando queremos mostrar varios videos xuntos.

Imaxinemos que queremos mostrar varios videos, temos que ir copiando e pegando a URL, pola contra con este servizo non é necesario. Prócedese da seguinte maneira:

1. Poñemos en google ou outro servidor a palabra embrd

2. Logo picamos en "Build a playlist"

3. Na parte esquerda da pantalla aparecen dous recadros:

a) "Playlist Description": aquí describimos o video e o lugar onde se atopa.

b) "Playlist Tags": poñémoslle a etiqueta que nos interese, por exemplo medi0 ambiente.

Logo no centro aparece "Playlist Title", aquí debemos poñer o título tal cual figura no servivio de onde imos recoller ese video, (YouTube, MySpace Video, DailyMotion, MetaCafe, Veoh).Tamén aparece un recadro que na súa dereita pon "add", é aquí copiamos a url ou o embed code do video que queremos poñer na nosa lista.

4. Picamos en "add" e carga o video que queremos importar. Así facemos con cada un dos videos ata ter a lista completa dos que queremos importar, e van aparecendo numerados un debaixo de outro.

5. Pulsamos na parte esquerda en "preview playlist", e sae a lista cos videos seleccionados por nós.

6. Picamos en "close preview"

7. Finalmente picamos debaixo de"preview playlist" en "create list". Entón saen os videos que nos puxemos cun "embed code" que copiamos e pegamos no noso bloggue.

8. Xa podemos disfrutar de velos todos seguidos.

OUTRA FUNCIÓN "embedr"

Tamén nos permite seleccionar videos por temas. Exemplo, queremos videos sobre a auga, pois procedemos de seguinte maneira.

Seguimos os dous primeiros pasos tal como no apartado anterior. A continuación.

1 e 2 (coma no apartado anterior)

3. Picamos en "smart playlist"

4. En "keyword", poñemos a palabra clave, exemplo. water, e podemos cubrir os apartados

referentes a categoria, rexión etc, de xeito intuitivo para os que non sabemos inglés.

5. Procedemos como no apartado anterior: Picamos en "Preview playlist"e vemos os elexidos,

logo picamos en "close review" e por último picamos en "create playlist". aparece xa o código "embed" que debo copiar e pegar no bloggue.


todos los videos

videos propios

viernes, 29 de enero de 2010

Aquí tedes o video dos nenos e das nenas de 6º sobre Haïti.

sábado, 12 de diciembre de 2009